les eaux de mars

Poucas palabras. Sen pretensións de literatura.

Un xogo á deusa do meu universo particular, onde a palabra é principio e fin.

Unha danza coas linguaxes – múltiples e flexíbeis -, comigo mesma. Porque a linguaxe como espello é unha maneira de facer terapia.

E ti —Hypocrite lecteur,—mon semblable,—mon frère! — entra no meu xogo, se che agrade, e sexa benvido.

(é dicir: un espazo onde deixar libres as miñas teimas, repetitivas e pequenas e comúns de seu.
deixalas libres para non tolear. aínda que -esta comunicación non-comunicación- non é, ela mesma, unha forma de tolería?)



“augas de marzo”: porque as palabras non sempre teñen que contar unha historia coherente. porque hai streams of consciousness e imaxes que veñen en ondas. porque as miñas palabras sempre teñen música a fondo. e, non por último, por saudades dunha terra que nunca visitei e dunha lingua que non falo.



Neste espazo, os elefantes virtuais soñan con: Tom Jobim & Elis Regina – Aguas de março

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s