caleidoscopio,sisters under our skins

Pequeno acto de anarquía

Fräulein Rotternmeier

íspese

diante do espello.

Os ollos que chaman, que piden:

censurados.

A boca desexante:

censurada.

Os pés de andar sen rumbo:

censurados.

A mente en espiral sen fin:

censurada.

Mais,

cada noite,

diante do espello

Fräulein Rotternmeier

íspese.

Todo o día estivo núa

por debaixo da roupa

e libre

por debaixo das censuras

autoimpostas.

Pequeno acto de anarquía:

diante do espello

Fräulein Rotternmeier

está núa.

Algún día sairá núa e libre

pola cidade.

Estándar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s