Uncategorized

Un ano despois, cun pé xa no camiño descoñecido que me vai levar para outra eu.

Os trinta. Os cabelos brancos que van aparecendo – que antes temía, que logo buscaba e rompía fervorosamente, sen piedade, e que hoxe deixo estar. Son parte de min.

A sensación de non estar aquí, de estar noutro lugar que é mais aínda non é a miña casa. As trampas. Os anacos de min que vou deixando alí, coma si un día puidese acordar xa alí e xa enteira.

Os deícticos da miña identidade que van esvaecéndose. O “aquí” e o “alí” do día a día, o tempo que non é o mesmo dunha parte e da outra da pantalla.

As pequenas historias, as fases, a memoria do móbil preñada de mensaxes que non apago; as cousas que xa foron e as que van chegar.

As dores e as cicatrices, os pasos andados de man dada co amor. As incertitudes que vanse esvaecendo.

A tenrura da música compartida fai máis dun ano.

aniversario (2012)

Aparte

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s