latexos

As noces

Mandáronme noces, nunha bolsiña de papel que leva a letra da miña mai. As noces da aldea, da miña infancia, das tardes na cociña nas vésperas das festas familiares. As noces…

As noces sábenme doce e vexetal, sábenme a terra. E non sei se o gosto me chega polos sentidos ou pola memoria. Serán as noces que me saben así, ou será o labor do meu pai para descascalas, a conversa do avó sentado ao carón, na mesa da cociña, a forza e dozura incansábeis da miña mai, o seu cariño transmutado en montes de comida?

As noces sábenme a saudade.

Estándar

6 thoughts on “As noces

  1. Sergio di:

    Non hai dubida que a tua forza e dozura ven desas noces…collidas na aldeia e nos campos da saudade, dos bos desexos e das mellores lembranzas! Cousas e desexos en comun que traemos en “nos”…bicos dende os campos da saudade. ❤
    Sérgio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s