for a moment there I lost myself

ao revés

Soidade, silencio e sono. A casa coas luces de Nadal aínda acesas -sinal para que navío, para que navegante perdido no mar nevado que se estende alá fóra?- pechada, calada e quente. Do outro lado da xanela, melancolías de cidade abandonada e de final prematuro dun mundo que ficou de repente sen física, sen eixo e sen rumbo.

E continúa nevando, con aquelas folerpas que caen para arriba, e alí estou eu, baixo meu faro de luces natalinas, preparada para rescatar aquel navegante-astronauta-heroe perdido que caerá para arriba até a miña xanela do sétimo piso.

 

 

Hoxe os elefantes soñan con: Byron – Chihlimbar

Estándar

One thought on “ao revés

  1. escribir de un para un para os outros, para intentar curarse do desorde e a dispersión, ou por que? hoxe estou dándolle voltas; pregun´tabame agora por que o farás tí, as folerpas caendo ata o sétimo. a canción, palabras que non entendín moi ben, pero que me fixo flotar na música deliciosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s