latexos,na punta da lingua

cando xa tes nome no meu mundo

olla, sentarei fronte a ti e ireime espindo da “civilización”
-aos poucos-
capa tras capa, persona tras persona – máscara tras máscara.
esquecerei todo o aprendido e tirarei abaixo tódalas construcións.
ata ficar identitariamente núa.
ata ter que palpar, cheirar e probar para coñecer.
e entón, só entón –
ousarei falar teu nome,
nese antigo pensamento tribal
onde chamar polo nome é dar existencia
onde chamar polo nome é materializar
onde chamar polo nome é terte para min.
e entón, só entón –
serás. serei. seremos.

Estándar

2 thoughts on “cando xa tes nome no meu mundo

  1. xa lera este post.
    entón non cho dixen, pero é que me gustaría compartir contigo a ledicia que da recoñecérmonos todos nós.

    mira esto de Salinas:

    Iré rompiendo todo
    lo que encima me echaron
    desde antes de nacer.
    Y vuelto ya al anónimo
    eterno del desnudo,
    de la piedra, del mundo,
    te diré:
    «Yo te quiero, soy yo».

    no é precioso comungar?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s