palabras en aluguer,sisters under our skins

todoshumanos

Hoxe achegóuseme unha rapaza que me pediu licenza para regalarme un pouquiño de teatro. Aceptei, nunca se pode desprezar un regalo. Sentou xunta min, na herba, e faloume de palabras. De soidade, de desamor e de adeus; de amor, de amigo e de aperta. Hai palabras-coitelo, díxome, mais, asemade, hai palabras-aperta.

Hai palabras que non están nos dicionarios, e tería que incluílos. Palabras como todoshumanos.
(“En la T: Todoshumanos. Es importante no olvidarlo. Pienso que esta palabra sería muy importante. Todoshumanos. Todoshumanos y todo el rato. Desde el primer soplo de vida hasta el último.”)

Palabras maiores, pensaba eu. Palabras que describan a carga de emoción e de humanidade que o seu agasallo deixou comigo.

Kazantzakis, na súa “Carta al Greco”*, conta un encontro do que este meu, de hoxe, se fai eco. Conta el como, camiñando só polas aldeas, atopa unha velliña que, ao velo, saca un par de figos da súa cesta e dállos. “Coñécesme?” -pregunta el, sorprendido. “Non, meu fillo, por que tería que coñecerte para ofrecerche algo? Es un ser humano. Eu tamén, con iso xa me basta.”

Os figos, di Kazantzakis, foron os máis doces que comeu na súa vida. As palabras que ela – Rula – regaloume encheron a miña boca e mais a miña alma dunha dozura similar.



*http://www.kazantzakis-museum.gr/index.php?level=4&pre_level=5&id=739&pre_id=1001&lang=en



**O blog do teatro errante que hoxe me fixo sentir máis humana: www.teatroencuentro.blogspot.com
(Palabras- texto de Moisés Mato: http://teatroencuentro.blogspot.com/2008/12/palabras-de-moises-mato.html)



Hoxe os elefantes soñan con: Urma – Only Human

Estándar

4 thoughts on “todoshumanos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s