a novela das cinco da tarde,sombras

dor fantasma

a tristeza das cousas que deixaches sen rematar, como unha dor nunha parte do corpo que de feito non tes, que nunca tiveches.

tódolos quizais e cómo sería se e tódalas palabras que non dixeches, como un colar de fantasmas que pesa, no pescozo, nos ombreiros, no peito, que te afunde, que te esmaga contra o chan.

tódolos momentos roubados cando ollaches sen ser vista – triste voyeur e vampiro emocional.

tódalas veces que marchaches sen dicir ola.

tódalas veces que quixeches dicir quérote e dixeches palabras planas e convencionais.

tódalas veces que fuches covarde.

Estándar

4 thoughts on “dor fantasma

  1. e esoutras veces que falei e as palabras caeron como pedras?
    a dor que as palabras provocan
    e a dor que deixan cando quen as escoita as cisca polo chan coma lixo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s