a novela das cinco da tarde,latexos,sombras

a memoria da túa pel na miña

xuraría que cada centímetro desta miña epiderme podería recoñecerte. chocamos un contra o outro, naquel intre en que a porta se pecha detrás de ti, chocamos como tormentas, como cometas, como cabalos bravos, como coches con condutores suicidas.

que máis dá que hoxe tampouco imos falar máis de media ducia de palabras. xa non teño lingua, xa non teño voz, xa non teño ollos: son pel latexante, ardente, amorfa, unicelular.

e despois de marchares -inevitabelmente- son ferida aberta. porque cada agarimo ausente queima e porque en cada célula da miña pel hai un oco que ten forma de ti.

Estándar

One thought on “a memoria da túa pel na miña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s