a novela das cinco da tarde,latexos,na punta da lingua,palabras en aluguer

com calma

Hai palabras túas que me quitan a tranquilidade e me transforman en semiólogo diletante.

“É cultural”, dígome ao non entender: entre a lingua que eu uso – emprestada – que ás veces me fai sentir coma se levase un par de zapatos pequenos de máis e a túa – profundamente túa – hai abismos que se abren de súpeto e que eu me esforzo en atravesar.

“já nos falaremos com mais calma” – dis ti. E velaí o buraco.

Será falar-con-calma, onde a calma é atributo do acto de falar? Ou sería estarmos-nós-con-calma-ao-falarmos? Ou aínda será unha calma externa, é dicir, falarmos-en-circunstancias-máis-calmas?

Vou correndo aos dicionarios, coa esperanza va de que algo me dirán, de que me darán algunha certeza. De que me revelarán eles o cando e o onde e o que ti pensas. De que terán eles as respostas que eu non sei como pedir.

calma – s. f. 1. Calor do sol. 2. Serenidade e vagar. 3. Tranquilidade, quietação. 4. Falta de vento.


Non dá. Intentemos novamente:
quietação s. f. Acto (Ato) ou efeito de quietar; estado de quieto; repouso; tranquilidade; sossego.


Tampouco. Quizais en galego (normativo, comportadiño, da RAG):
calma – s.f. (…) 3. Estado ou actitude da persoa que non está preocupada, excitada ou nerviosa por nada, sensación de repouso. A vida no campo prodúcelle unha gran calma interior. SIN. quietude. Espera un pouco, ten calma. Tómao con calma. Soportouno con moita calma.


Iso tampouco. Se así fose, nunca chegaría a verte, porque a miña calma, pequena e cultural como é, me abandona no momento preciso de entrar eu nese círculo de luz cegadora que é o foco do teu ollar.

Hoxe os elefantes soñan con: Rita Maria – Sem aviso (Fred Martins – Francisco Bosco)



calma / dê o tempo ao tempo / calma / alma / põe cada coisa em seu lugar / e o dia virá / algum dia virá / sem aviso


Referencias:
Estándar

4 thoughts on “com calma

  1. pois menos mal que non es unha mera literata, porque así fixemos xuntas este paseo pola palabra calma… e da túa man descubrín esta canción que xa vai engrosar as arcas desta pirata.

  2. Zeltia, Raymunde é demasiado modesta co seu “mera literata” 🙂
    Aproveito para dicir o moito que gosto do teu blog e do teu avatar (eu ❤ Klimt).
    Graciñas por comentar e por acompañarme nestas miñas teimas nun galego aproximativo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s