a novela das cinco da tarde,for a moment there I lost myself,sombras

desdobramento

Ás veces déitome eu e érgome ela. Nun corpo que ten dez anos máis.  Cos cabelos máis longos cós meus, máis escuros, coas cellas densas, coas súas imperfeccións, tan distintas das miñas. No espello, da miña beira e da outra, unha descoñecida. Ela.

Non, non é unha descoñecida. Paso o tempo léndoa. Ás veces identifícome con ela, cos seus escritos. Di ela que é literatura, mais non, non só.

É a tentativa de comunicación que resoa tamén en min. É a beizón das palabras dos descoñecidos, das descoñecidas. É a superstición en buscarte nese turbilhão de pixels, coma se algo diso fose real.

E velaí, no espello. Seguro que se eu intentase falar, falaría coa súa voz, e se movese, se dese eu algunha sinal de que o día xa comezara, o corpo levaríame (levaríaa?) automaticamente pola súa rutina. Pensaría nas súas metáforas e camiñaría ao compás doutra música. Sentiría o que ela sente, sabería o que ela sabe.

Mais ela tampouco sabe o que eu sei…

Entón rebélome. Cun pé xa no “rabbit hole”, decido non baixar. Un xesto, e borro a imaxe do espello. Borrala. A ela-que-está-en-min. Borrala.

Ser eu. Respirar. Flexionar a mente  – con medo, coma flexionar unha perna despois dunha caída – e ver que me responde no meu xeito tan persoal, nas miñas palabras, na miña lingua.

Ser eu. E non ter curiosidades, non ter expectativas alleas a min.

Saír do turbilhão. Expor tódolos pensamentos ao sol e deixalos secar.

Hoxe os elefantes soñan con: Chico Buarque e Milton Nascimento – O que será

Estándar

2 thoughts on “desdobramento

  1. Tus sombras me hacen llorar. Sal de ellas, sécate al sol y ponte tu piel – no hay otra mejor. Ni mejores palabras que las tuyas, no olvides eso nunca. Sé tú. Y quiérete.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s